

Xestión culturalProdución de eventos culturais.
Somos Abella Producións, unha entidade de XESTIÓN CULTURAL, completa e resolutiva, nada coa intención de crear e conducir eventos para o cambio e o crecemento sociocultural.
Somos unha proposta en positivo, cunha gran capacidade e experiencia para abordar proxectos a través dunha organización comprometida e flexible.
O noso obxectivo primeiro é a solvencia nas nosas accións e que redunden na satisfacción dos seus destinatarios.
As nosas áreas de traballo divídense en catro celas:
Ao longo dos anos foron moitas as institucións públicas, empresas, asociaciós e negocios locais que confiaron en nós:
O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Un festival que amosa unha coidada selección nacional e internacional de pezas audiovisuais que adoitan verse privadas das canles habituais de distribución. Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con estreas mundiais, internacionais e nacionais.
Na súa sexta edición, malia pandemia, o festival foi quen de vender todos os seus abonos e alcanzar máis de 12000 visualizacións na súa edición híbrida. O éxito entre o público, os medios, e o respaldo de creadorxs de todo o mundo, xunto cunha programación moi coidada nun ambiente único, converten a o GFFF no festival de cinema freak e underground máis vándalo das Rías Baixas.
“As mellores experiencias son as que fan espertar os sentidos”
Así rezaba o slogan do cartel do THE WILD 2019 e así se resume este proxecto. Un acontecemento que non deixa a ninguén indiferente. Un evento multidisciplinar e poliédrico enriquecido coas experiencias e actividades máis diversas, tendo como nexo de unión a sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente.
THE WILD trata de consolidarse como un festival de referencia, que teña como fío condutor a natureza, a sustentabilidade e o coidado do medio ambiente. Concertos, deporte, cinema, empresas, faladoiros, gastro, artesáns, e os máis cativos, serán os alicerces que sustentarán este evento e que integrará a todo tipo de público e sensibilidades.
Despois dun durísimo ano de traballo, contratempos e incertidume, fumos quen de materializar a III Edición de THE WILD o 3,4 e 5 de septembro, no Parque Forestal de San Miguel de Oia.
Preto de 2000 asistentes acudiron a este conglomerado de actividades que fixeron deste evento algo máis ca un festival.
A actividade consiste na realización dunha mostra de cinema lusófono coa exhibición de oito obras, sendo 4 curtas e 4 longametraxes, de países da lingua portuguesa e de Galicia, co obxectivo de presentar ao publico galego novas producións cinematográficas.
Mostra de cinema nos meses de setembro a decembro de 2021, no Instituto Camões de Vigo, con producións lusófonas e galegas, traendo para a provincia de Pontevedra obras alternativas e fora do grande circuíto.
A equipa de Abella Producións xa viña traballando nesta idea cando realizaba o Festival Primavera de Cine, o festival de cinema lusófono máis importante do noso territorio. O intercambio cultural e etnográfico de ambas comunidades unidas para sempre pola lingua é unha das grandes motivacións para desenvolver proxectos como o que presentamos, para difundir a integración e o intercambio entre a Galicia e os países lusófonos a través do cinema.
O Camiño de Santiago é, desde fai séculos, unha das rutas de peregrinación máis importantes do mundo, cun inmenso impacto que se estende, como non podía ser doutro xeito á arte e a cultura.
Con Sementeira no Camiño
Neste proxecto quixemos achegar ás vilas de Iria Flavia, Pontecesures, Cesantes, Redondela e Tui outro xeito de vivir e sentir a peregrinación. Cinco xornadas onde púxose de manifesto os valores e as bondades do Camiño de Santiago a través da proxección dunha serie de filmes aderezados coa fermosa poesía de artistas das vilas.
A divulgación de traballos audiovisuais de cinema silente musicados en directo por profesionais é unha das actividades que máis anos levamos desenrolando. Este tipo de actividade adoita recibir o respaldo do público, que valora a oportunidade de gozar de obras clave da historia do cinema engadíndolle o compoñente de desfrutar en directo de pezas musicais compostas por e para a ocasión. A atmosfera na que nos somerxe a proxección permítenos experimentala como os nosos antepasados fai un século.
A nosa entidade e o Conservatorio Superior de Música de Vigo uniron esforzos para promocionar unha das actividades máis espectaculares que combinou a proxección dun dos filmes máis representativos do cine mudo coa música en directo. Un réquiem composto por Brais González no que a interpretación correu a cargo dun ensemble de 12 músicos formado por profesores, alumnos e ex-alumnos do CMSV xunto co reputado Coro de Cámara Rías Baixas, dirixido por Bruno Díaz.
A inauguración da #2 edition do festival GFFF correu a cargo de Caspervek Ensemble que musicalizou en directo na Sala Videodrome un dos clásicos imprescindibles do cinema de terror e do expresionismo alemán: Nosferatu, unha sinfonía do horror, a peza mestra do director alemán F. W. Murnau. A inspiración para a peza vén da música do expresionismo alemán, con matices do dodecafonismo e tamén das melodías e instrumentación do cine de terror. O público quedou totalmente embriagado pola riqueda da composición e a interpretación de Brais González e o seu conxunto.
A inauguración da #3 edition do festival GFFF correu de novo a cargo de Caspervek Ensemble, que musicalizou en directo A Carreta Pantasma do director sueco Victor Sjöström.
A elección desta cinta vén inspirada por The Shinning, filme ao que o GFFF brindou homenaxe e do cal Stanley Kubrick, e moitos máis, nutríronse flagrantemente para as súas creacións. A composición de Caspervek voi unha partitura orixinal para quinteto que integrou dous temas folclóricos suecos dentro do xa propio universo e estilo Caspervek.
“Único e motivador. Unha visión a medio camiño entre a ficción e o documental que nos anima a explorar a importancia da bruxaría, dos rituais e da superstición ao longo dos tempos.”
Häxan explora as raíces e as supersticións que rodean a bruxería, comezando na Idade Media ata o século XX. Baseado en parte no propio estudo de Christensen sobre o Malleus Maleficarum, unha guía alemá do século XV para inquisidores, a película propón a noción de que esas caza de bruxas poden ter sido derivadas de malentendidos sobre enfermidades mentais.
A banda sonora de Caspervek para Häxan estreouse en febreiro de 2015 no Museo Nacional de Arte de Tallin (Estonia) para a formación regular da banda. Despois de anos de silencio, en 2019, Brais González reescribiu a partitura para engadir acordeón, estreándoa de novo na Fundación Vicente Risco de Allariz ese outono. A nova música inclúe elementos da música contemporánea e novas linguaxes musicais e tamén moitas referencias á música medieval e ao canto gregoriano.
No ano 2017, conmemorando os 120 anos da primeira proxección cinematográfica na cidade Vigo, desenvolveuse unha proxección no emplazamento do desaparecido Teatro-Circo Tamberlick. A actividade correou a cargo do Festival Primavera do Cine en colaboración co Instituto Lumière de Lyon. Da man do grupo Caspervek como fío musical conductor, proxectáronse os doce filmes orixinais dos irmáns Lumière que abraiaron ao público vigués por primeira vez naquel lonxano 29 de abril de 1897. A sesión complementouse coa proxección da mítica e máxica peza Viaxe a Lúa de Georges Meliés.
Impulsado polo Concello de Ames e en colaboración con Patio de Luces Producciones, Abella Producións, desenvolveu a xestión e produción da III Edición do Festival Internacional de Cinema Infantil de Ames. Proxeccións, obradoiros, charlas, exposicións e actuacións conformaron a programación deste evento adicado aos máis cativos no que durante tres días foron non só espectadores senón tamén creadores e artistas.
Na súa última xestión, edición VIII, celebrada entre abril e maio de 2019, exhibíronse preto de 100 traballos e achegáronse máis de 3,000 persoas. As coidadas actividades paralelas xunto coas propias proxeccións que se celebraron durante os días dos festival converten ao Festival Primavera do Cine no evento cinematográfico máis grande da cidade de Vigo ata a data.
Cine Miúdo é unha actividade didáctica e pedagóxica na que mediante unha musicalización en vivo, da man de do grupo Caspervek Trío amósase aos máis cativos a importancia da música no cinema mudo, infantil e familiar.
Durante 5 anos, e tras 14 sesións, máis de 4,000 [email protected] pasaron por esta actividade respaldada polo Concello de Vigo, AFundación e máis de 25 centros escolares da comarca.
Da man da Embaixada de Brasil en Madrid e a Fundación Cultural Hispano-Brasileña realizáronse durante dous anos a presentación de filmes brasileiros como O Silêncio do Céu de Marco Dutra ouAntes que eu me esqueça de Tiago Arakilian nun intento de achegar unha pequena parte da gran produción audiovisual que se xenera no xigante suramericano.
Das seis sesións realizadas, catro delas tiveron lugar nos xa clásicos Multicines Norte de Vigo, e dúas delas en espazos públicos recibindo o apoio e colaboración das súas correspondentes asociacións veciñais.
Conmemorando o 60 aniversario do triunfo da Revolución Cubana realizouse unha retrospectiva dalgúns dos filmes máis destacados da cinematografía cubana das últimas catro décadas: Soy Cuba, de Mikhail Kalatozov, Clandestinos, de Fernando Pérez ou Fresa y Chocolate de Juan Carlos Tabio e Tomás Gutierrez Alea xunto cunha sección de curtametraxes conformaron esta mostra.
O evento realizouse nos Multicines Norte en colaboración co Ateneo Atlántico, o Consulado Cubano de Santiago de Compostela, a Asociación de amizade galego-cubana Francisco Villamil e o ICAIC.
Actividade que naceu como complemento do Primavera do Cine, e que co tempo volveuse unha actividade independente. Esta ten como principal motivación levar o cinema aos barrios afastados dos núcleos urbanos. Preto dunha decena de proxeccións avalan esta actividade como unha forma distinta de gozar do cinema en comunidade.
Abella está composta por profesionais que vimos desenvolvendo o noso traballo no campo da xestión cultural e as artes.
Experiencia, creatividade e compromiso defínennos.
Vén do eido da enxeñería e a arquitectura, mais no último lustro concentra todas as súas enerxías na xestión cultural, como Experto Universitario en Xestión Cultural pola USC, e na produción de proxectos cinematográficos e eventos culturais. Presidente e capitán de Abella Producións e director do GFFF. Foi convidado como xurado e programador en festivais e mostras de cinema en España e Portugal. É xestor do The Wild Fest e foi director do Festival Primavera do cine.
Enxeñeiro Informático, xefe técnico e coordinador de equipos en múltiples empresas e proxectos nacionais e internacionais. Escribiu crítica de cinema en diversos blogues entre os anos 2010 e 2013. Membro, en múltiples ocasións, da organización do Festival Internacional de Cinema Primavera do Cine, do Galician Freaky Film Festival e do Festival Nun Local. Asiste dende fai máis dunha década a festivais e mostras de cinema en Galicia, como Play-Doc ou Cineuropa; nacionais, como o Sitges Film Festival, DocsBarcelona ou IN-EDIT; e internacionais como a Berlinale.
Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Facultade de Ciencias da Información da UCM. Comeza a súa andaina colaborando como voluntaria en eventos culturais na cidade de Vigo. Desempeñou a labor de Axudante de Dirección nos Festivais Primavera do Cine (2018-2019) e Galician Freaky Film Festival (2017-actualidade), onde se centra en tarefas de produción, financiación, edición de vídeo e comunicación.
Poeta, artista visual e xestor cultural, é licenciado en Artes Visuais por Unigranrio e realizou un curso de formación para xestores públicos e axentes culturais na UERJ (Brasil). Foi concelleiro de cultura e turismo na cidade de Duque de Caxias, Brasil. Participou de diversos movementos culturais no Brasil, entre eles: o grupo cultural Utópicus, o Cineclube Mate Con Angu e a Lira de Ouro. Fundou e presidiu a Radio Quarup FM, na cidade de Duque de Caxias. Autor do libro de poesías Manual práctico para uso de obxectos sensíbeis. Actualmente vive na cidade de Vigo na España, onde actúa na produtora Abella Producións, onde xa participou das producións do Festival Internacional de Cinema Primavera do Cine de Vigo e do Galician Freak Film Festival, alén de actuar no Festival Internacional de Poesía Kerouac.
Produtora de audiovisuais, eventos e espectáculos, cun máster en subtitulado e audiodescrición, e técnica en administración de redes informáticas. Comezou a súa vida laboral no eido da informática ata que cambiou de profesión e misturou ambas levando a produción e xestión do evento de videoxogos Retrovigo. Membro da organización nos festivais Consentido, Festival Internacional de Cinema Primavera do Cine, Galician Freaky Film Festival (GFFF), Festival Internacional de Cinema Infantil de Ames (Cinema Miúdo). Xestión de progamación e páxina web no The Wild Festival e colaboradora no evento de videoxogos FaroGaming a través da asociación Retrogaláicos da que forma parte. Tamén participou na produción audiovisual dos programas para TVG Tupperclub e Festigaliando.
Graduado en Comunicación Audiovisual pola universidade de Vigo. Combina a participación en rodaxes de proxectos tanto propios: "Astral" (2017), "Brotes"(2018); coma alleos: "Trote" (Xacio Baño,2018), "Maria Solinha" (Ignacio Vilar,2020), "Monte Bravo"(Noelia Muíño, 2020). Ten experiencia en gravación de eventos e festivais como o GFFF, FicBueu ou Primavera do Cine.
Xornalista apaixonada da vida cultural, a comida e as viaxes. Escribe sobre actualidade e gastronomía e xestiona as redes sociais da revista A Movida, descubre novos talentos audiovisuais en Dot Galicia e publica reportaxes no suplemento cultural Sermos Galiza. Forma parte dos equipos de comunicación dos festivais Galician Freaky Film Festival, The Wild Fest, a Mostra do Posible e Primavera do Cine, nos que tamén exerce como fotógrafa titular. Soña con facer todo isto desde unha praia do Caribe.
Fixo o seu debut cinematográfico con The last patrol. Nos anos 2001 e 2002 ten a súa primeira experiencia na TVG, traballando na serie Fíos, onde será o encargado dos castings e tamén das tarefas de rexidor dalgúns sets desta serie televisiva. Tamén realiza o traballo de “coach” con actores e actrices como Manuel Manquiña, Laura Ponte ou Manolo Romón. Entre os anos 2004 e 2005 colabora con Televigo, e forma parte do equipo ¡Qué grande es ser freak! Do 2005 ata o 2010 traballa en Planeta Cine, onde destaca na súa crítica moi persoal sobre as estreas semanais da gran pantalla. Colaborou con diferentes revistas culturais, e no ano 2013 remata o libro: Memorias dun neno cinéfago. É tamén co-fundador do Galician Freaky Film Festival (GFFF). Dende o ano 2016 imparte conferencias, talleres e cursos de cine en diferentes, escolas, institutos ou asociacións culturais da cidade de Vigo.